-Terra de músicos-

Friday, November 18, 2005

Terra de Montes, terra de músicos

Este recuncho vai a ser unha pequena homenaxe a tódolos gaiteiros da Terra de Montes xa que a maioria deles non eran famosos pero si populares e coñecidos, e gracias a eles tódalas festas e romerías estaban amenizadas. Mantiveron a música da gaita viva durante moitos anos e nos deixaron un gran legado cultural (repertorio, técnicas, vestiario...).
Xa o decía a cantiga:

A Terra de Montes ten

de todo coma en botica

bos canteiros, bos gaiteiros

e bos cregos para dicir misa.

- Os nosos gaiteiros -

Dende fai moito tempo, na Terra de Montes, hai unha ligazón moi forte coa música, dende gaiteiros ata bandas de música. Os gaiteiros máis coñecidos foron Os Gaiteiros de Soutelo e o gaiteiro de Sorribas (Adelino Pichel), ainda que nos pobos destas terras tamén había gaiteiros.
O primeiro gaiteiro que temos noticia na Terra de Montes é de Diego de Cana, de Pardesoa.

O da fotografía é Avelino Cachafeiro, membro dos Gaiteiros de Soutelo.

=> No concello de Cerdedo tamén hai moita tradición musical, sobre todo polas bandas de música, chegando a haber dúas bandas ao mesmo tempo. Ainda que tamén se deron gaiteiros e pandereteiras, coma en Barro de Arén, onde se realizaban ruadas. Incluso os Gaiteiros de Soutelo fixeron unha referencia a este sitio, na “Foliada de Barro de Arén”, peza que tocaban e incluso a chegaron a grabar.
Tense referencias de ruadas e de festas onde sempre había música, ou de bandas ou gaiteiros.
O tema das palletas e dos pallóns corría a conta dos gaiteiros, é cada un era o seu propio artesán. Incluso se ten referencia de que algúns gaiteiros da zona de Cerdedo facían eles os seus propios foles. As gaitas coas que tocaron Ramón José Lavandeira Limeres e Elías Sueiro Sieiro foron feitas en Riobó, A Estrada.

Máis gaiteiros desta zona eran:

- José María conocido coma o "Porqueiro" (alcume dado pola súa profesión) ou coma o "Misiegho" (era unha persoa cega) – Cerdedo.
- Francisco González “Majito” – Cerdedo
- Cesario Troitiño Beiro - Cerdedo
- José Mª. Cadavid Cachafeiro (gaita e caixa) - Cerdedo
- Manuel Cerdeira Rodríguez (Cerdeira "o vello") - Cerdedo
- Valentín Durán Sieiro - Cerdedo
- Xulio Durán Sieiro (Gaiteiro, saxofonista, e actualmente é o organista da coral de Cerdedo) - Cerdedo
- David Paz Cachafeiro (Caixa, ten tocado cos gaiteiros de Soutelo) - Cerdedo
- Manuel Paz Ogando - Cerdedo
- Salvador Cerdeira, século XIX. - Cerdedo
- Francisco Moreira Regueiro, nado o 15 de Outono de 1884. Comprou a gaita en Bugarín en 1905 e pagou por ela 12.50 pesetas e polo tambor 2.50 pesetas - Cerdedo
- Ramón José Lavandeira Limeres – Cavenca
- Elías Sueiro Sieiro – Cavenca
- Aurelio Varela – A Revolta
- Herminio Varela Nieto – A Revolta
- Antonio “do Lagarto” (foi alcalde do concello de Cerdedo) - Limeres
- José María Lavandeira Durán - Limeres
- Antonio Troitiño Sieiro (Tocaba o bombo) – A Revolta
- Jesús Troitiño Sieiro (Tocaba a caixa) – A Revolta
- Asensio Prado, coñecido coma "O manco de Vichocuntín" - Vichocuntín
- Lealdino Fernández Nieto (Gaita e caixa) - Bugarín
- Serafín Fernández Nieto - Bugarín
- Xosé Fernández (1875-1940). Acompañábano Victoriano e Aleixandre - Bugarín
-Lealdino Fernández Nieto (1912- ). Acompañábano Francisco Bouzas e José Obelleiro - Bugarín
- Samuel Reveglia, nado no 1908. O apelido é de orixe napolitano. En 1938 foi membro da lexión Condor, en interviu na guerra civil cos Nazis - Bugarín
- Perfecto Fontenla, 1906. Acompañábano Xosé Fernández e Serafín - Bugarín
- Emérito - Chamadoira
- José Cortizo (Toca o tambor, tamén toca a pandeireta na asociación de veciños de Barro de Arén) - Barro de Arén
- Celso Regueiro Quintillán, século XIX. - Tomonde
- Andrés de Vilar, gaiteiro nacido en Santa María de Grova, 1570. Acompañábano Xacome Sieiro (tambor). Estivo contratado de por vida en Cerdedo para tocar os días do Santisimo San Xoán, O Rosario e San Roque.


Desta lista chegaron a formar grupo: Elías, Herminio, Antonio e Jesús.

Ramón José Lavandeira Limeres. Para máis información "pincha" sobre a imaxen (www.agaitadofol.com)


=> Pola zona de Forcarei outros gaiteiros foron:

- “O Capador de Muras”, residente en Muras (Forcarei)
- Francisco Cachafeiro coñecido coma o “Buche” de Millerada (recentemente falecido)
- O gaiteiro de Sorribas (Adelino Pichel)
- O gaiteiro de Sotuelo (Avelino Cachafeiro)
- Jesús Campos (Residente en Chamosa, gaiteiro e acordeonista, un dos membros do grupo “Os Diplomáticos do acordeón)
- José Cachafeiro, "O Maduro" (gaiteiro e acordeonista)
- Jaime Barreiro (gaiteiro e acordeonista, xa falecido) - Forcarei
- Xoán López, nado en San Martín, en 1572 - Forcarei
- Manuel Cabada (O gaiteiro de Seoane) - Seoane
- Tomás Villaverde, nado no 1572, ganaba ó ano 50 reás - Acibeiro
- Avelino Alverte (Mestre de música, foi o director do grupo Os Gaiteiros de Soutelo durante a década dos 90. Actualmente é membro do grupo Os Diplomáticos do acordeón, onde toca o acordeón)
- Xoán Cachafeiro, nado en Soutelo de Montes principios do século XIX, era o avó do gaiteiro de Soutelo.
- Fermín Cachafeiro, nado en 1868. Aprendeu a tocar co seu pai (Xoán), e acompañou ós fillos: Avelino, Bautista e Fermín cando alcanzaron os maiores éxitos (1920-1930).
- Diego da cana, nado en Pardesoa, século XVI. Deste vello gaiteiro aínda se escoita en Pardesoa unha cantiga que di:

Toca gaiteiriño toca
toca sin te cansare
cás mociñas de Pardesoa
non che paran de beilare.


Adelino Pichel foi un gran gaiteiro, ainda que non acadou a fama do gaiteiro de Soutelo na súa época. Unha das composicións deste gaiteiro foi a “Muiñeira de Forcarei”, peza máis que coñecida no mundo da gaita.

Adelino Pichel. Para máis información "pincha" sobre a imaxen (www.agaitadofol.com)

Thursday, November 17, 2005

Máis fotografías













- Avelino Cachafeiro.













- Avelino Cachafeiro tocando a gaita, acompañado por Avelino Alverte.




















- O gaiteiro de Sorribas e mailo seu fillo Moncho.














- Mulleres con traxe tradicional (Anos 50, Cerdedo).



















- O gaiteiro de Seoane, Manuel Cabada acompañado ao tambor por Gerpe. Anos 50.


















- Fermín Cachafeiro, pai de Avelino e membro dos "Gaiteiros de Soutelo".


















- Francisco González "Majito".














- Gaita de Francisco González "Majito". O seu artesán foi García de Riobó. Restaurada por Manuel García. O seu propietario é Don Santiago González.




















- Os gaiteiros de Soutelo: cuarteto formado por Fermín, Avelino, Castor, Bautista.















- Grupo de gaitas Os Gaiteiros de Soutelo. O seu mestre foi Avelino Alverte, xa que na actualidade este grupo non existe.















- Jesús Campos (Gaita) e José Cortizo (Tambor).
















- Jesús Campos (Gaita) e Bautista Alverte (Tambor).

















- Ramiro Cortizo Taboada coñecido coma o "capador" de Muras. Autodidacta con toque pechado.



Wednesday, November 16, 2005

Cantigas

Voando co as aas da vida

O gaiteiro toca a gaita,
a muller toca o tambor,
os fillos tocan o bombo
o can ládralle o roncón

- -
Toca, gaiteiriño, toca,
meniñas, correi a velo
que é moita gaita a gaitiña
do "Gaiteiro de Soutelo"
- -
Eu, máis alá do morrere
rexurdirei tocando a gaitiña
¡na longa gaiola do vento
co froleo da ialma miña!
- -
Cando saibas que morrín,
gaitiña, miña gaitiña,
desperta a miña alborada
que toco pra Rosalía ...
Que dorme no teu punteiro
cos meus dedos tapadiña.
Voando co as aas da vida


(Avelino Cachafeiro)

Tuesday, November 15, 2005

Bibliografía

Información obtida de:

- Cotaredo. Revista cultural e turistica do concello de Forcarei

- Canteiros e artistas da Terra de Montes. Autor: Antonio Rodríguez Fraíz.

- Recolleita particular de Rubén Troitiño e Xosé Luis Troitiño membros do grupo de gaitas.



*Textos: Rubén Troitiño.
*Última actualización: 17/03/06