Friday, November 18, 2005

Terra de Montes, terra de músicos

Este recuncho vai a ser unha pequena homenaxe a tódolos gaiteiros da Terra de Montes xa que a maioria deles non eran famosos pero si populares e coñecidos, e gracias a eles tódalas festas e romerías estaban amenizadas. Mantiveron a música da gaita viva durante moitos anos e nos deixaron un gran legado cultural (repertorio, técnicas, vestiario...).
Xa o decía a cantiga:

A Terra de Montes ten

de todo coma en botica

bos canteiros, bos gaiteiros

e bos cregos para dicir misa.

- Os nosos gaiteiros -

Dende fai moito tempo, na Terra de Montes, hai unha ligazón moi forte coa música, dende gaiteiros ata bandas de música. Os gaiteiros máis coñecidos foron Os Gaiteiros de Soutelo e o gaiteiro de Sorribas (Adelino Pichel), ainda que nos pobos destas terras tamén había gaiteiros.
O primeiro gaiteiro que temos noticia na Terra de Montes é de Diego de Cana, de Pardesoa.

O da fotografía é Avelino Cachafeiro, membro dos Gaiteiros de Soutelo.

=> No concello de Cerdedo tamén hai moita tradición musical, sobre todo polas bandas de música, chegando a haber dúas bandas ao mesmo tempo. Ainda que tamén se deron gaiteiros e pandereteiras, coma en Barro de Arén, onde se realizaban ruadas. Incluso os Gaiteiros de Soutelo fixeron unha referencia a este sitio, na “Foliada de Barro de Arén”, peza que tocaban e incluso a chegaron a grabar.
Tense referencias de ruadas e de festas onde sempre había música, ou de bandas ou gaiteiros.
O tema das palletas e dos pallóns corría a conta dos gaiteiros, é cada un era o seu propio artesán. Incluso se ten referencia de que algúns gaiteiros da zona de Cerdedo facían eles os seus propios foles. As gaitas coas que tocaron Ramón José Lavandeira Limeres e Elías Sueiro Sieiro foron feitas en Riobó, A Estrada.

Máis gaiteiros desta zona eran:

- José María conocido coma o "Porqueiro" (alcume dado pola súa profesión) ou coma o "Misiegho" (era unha persoa cega) – Cerdedo.
- Francisco González “Majito” – Cerdedo
- Cesario Troitiño Beiro - Cerdedo
- José Mª. Cadavid Cachafeiro (gaita e caixa) - Cerdedo
- Manuel Cerdeira Rodríguez (Cerdeira "o vello") - Cerdedo
- Valentín Durán Sieiro - Cerdedo
- Xulio Durán Sieiro (Gaiteiro, saxofonista, e actualmente é o organista da coral de Cerdedo) - Cerdedo
- David Paz Cachafeiro (Caixa, ten tocado cos gaiteiros de Soutelo) - Cerdedo
- Manuel Paz Ogando - Cerdedo
- Salvador Cerdeira, século XIX. - Cerdedo
- Francisco Moreira Regueiro, nado o 15 de Outono de 1884. Comprou a gaita en Bugarín en 1905 e pagou por ela 12.50 pesetas e polo tambor 2.50 pesetas - Cerdedo
- Ramón José Lavandeira Limeres – Cavenca
- Elías Sueiro Sieiro – Cavenca
- Aurelio Varela – A Revolta
- Herminio Varela Nieto – A Revolta
- Antonio “do Lagarto” (foi alcalde do concello de Cerdedo) - Limeres
- José María Lavandeira Durán - Limeres
- Antonio Troitiño Sieiro (Tocaba o bombo) – A Revolta
- Jesús Troitiño Sieiro (Tocaba a caixa) – A Revolta
- Asensio Prado, coñecido coma "O manco de Vichocuntín" - Vichocuntín
- Lealdino Fernández Nieto (Gaita e caixa) - Bugarín
- Serafín Fernández Nieto - Bugarín
- Xosé Fernández (1875-1940). Acompañábano Victoriano e Aleixandre - Bugarín
-Lealdino Fernández Nieto (1912- ). Acompañábano Francisco Bouzas e José Obelleiro - Bugarín
- Samuel Reveglia, nado no 1908. O apelido é de orixe napolitano. En 1938 foi membro da lexión Condor, en interviu na guerra civil cos Nazis - Bugarín
- Perfecto Fontenla, 1906. Acompañábano Xosé Fernández e Serafín - Bugarín
- Emérito - Chamadoira
- José Cortizo (Toca o tambor, tamén toca a pandeireta na asociación de veciños de Barro de Arén) - Barro de Arén
- Celso Regueiro Quintillán, século XIX. - Tomonde
- Andrés de Vilar, gaiteiro nacido en Santa María de Grova, 1570. Acompañábano Xacome Sieiro (tambor). Estivo contratado de por vida en Cerdedo para tocar os días do Santisimo San Xoán, O Rosario e San Roque.


Desta lista chegaron a formar grupo: Elías, Herminio, Antonio e Jesús.

Ramón José Lavandeira Limeres. Para máis información "pincha" sobre a imaxen (www.agaitadofol.com)


=> Pola zona de Forcarei outros gaiteiros foron:

- “O Capador de Muras”, residente en Muras (Forcarei)
- Francisco Cachafeiro coñecido coma o “Buche” de Millerada (recentemente falecido)
- O gaiteiro de Sorribas (Adelino Pichel)
- O gaiteiro de Sotuelo (Avelino Cachafeiro)
- Jesús Campos (Residente en Chamosa, gaiteiro e acordeonista, un dos membros do grupo “Os Diplomáticos do acordeón)
- José Cachafeiro, "O Maduro" (gaiteiro e acordeonista)
- Jaime Barreiro (gaiteiro e acordeonista, xa falecido) - Forcarei
- Xoán López, nado en San Martín, en 1572 - Forcarei
- Manuel Cabada (O gaiteiro de Seoane) - Seoane
- Tomás Villaverde, nado no 1572, ganaba ó ano 50 reás - Acibeiro
- Avelino Alverte (Mestre de música, foi o director do grupo Os Gaiteiros de Soutelo durante a década dos 90. Actualmente é membro do grupo Os Diplomáticos do acordeón, onde toca o acordeón)
- Xoán Cachafeiro, nado en Soutelo de Montes principios do século XIX, era o avó do gaiteiro de Soutelo.
- Fermín Cachafeiro, nado en 1868. Aprendeu a tocar co seu pai (Xoán), e acompañou ós fillos: Avelino, Bautista e Fermín cando alcanzaron os maiores éxitos (1920-1930).
- Diego da cana, nado en Pardesoa, século XVI. Deste vello gaiteiro aínda se escoita en Pardesoa unha cantiga que di:

Toca gaiteiriño toca
toca sin te cansare
cás mociñas de Pardesoa
non che paran de beilare.


Adelino Pichel foi un gran gaiteiro, ainda que non acadou a fama do gaiteiro de Soutelo na súa época. Unha das composicións deste gaiteiro foi a “Muiñeira de Forcarei”, peza máis que coñecida no mundo da gaita.

Adelino Pichel. Para máis información "pincha" sobre a imaxen (www.agaitadofol.com)